MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
Información sobre Proxectos subvencionados:
A recollida e tratamento de residuos sólidos urbáns lévase a cabo de luns a sábado,e festivos incluidos en toda a mancomunidade.
Unha boa recollida permite:
O chamado colector amarelo, , está destinado a acoller envases de plástico, latas e briks. Polo xeral, son colectores cunha capacidade entre 800 e 1.000 litros de tapa pechada de cor amarelo.
As primeiras experiencias de recollida selectiva en colector amarelo non comezaron en Galicia ata finais da década dos 90. A recollida selectiva da bolsa amarela ten como alicerce a Lei de Envases e Residuos de Envases (1997). O primeiro paso foi unha experiencia piloto entre xullo de 1998 e outubro de 1999, na que participaron 29 municipios. A finais de 1999, a Xunta de Galicia asinou un convenio con Ecoembalajes España S.A (Ecoembes) que serviu para estender a toda a xeografía galega esta recollida selectiva.
Por medio do acordo, Sogama clasifica nas súas instalacións o refugallo que chega na bolsa amarela. En 2013 estimábase que a porcentaxe de residuos impropios que se depositaban no colector amarelo era dun 28,3%, a aspiración da Xunta de Galicia era reducir esta cifra en 2015 até o 25%.
Diciamos que o Colector Amarelo está destinado a acoller envases de plástico, latas e briks. Imos ver exemplos máis concretos dos produtos que deben ir neste colector.
É moi importante ter en conta que non se deben depositar neste colector residuos de plásticos que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos...). Tampouco CD´s.
Unha vez que o cidadán deposita os residuos de envases lixeiros no colector amarelo, no caso do modelo Sogama, son transportados directamente ata a planta de selección ou, nalgúns casos debido ás grandes distancias existentes, ata as estacións de transferencia onde se transfiren a colectores de maior capacidade para ser transportados ata o complexo medioambiental de Cerceda. Na planta de selección os envases lixeiros sepáranse polo menos nas seguintes fraccións:
Unha vez seleccionados, os materiais son embalados para facilitar o transporte ás plantas de reciclado, onde se transforman en novas materias primas coa que fabricar novos envases ou calquera outro produto.
O refugallo do Colector Amarelo, unha vez reciclado, ten moitas utilidades. A partir do plástico duro pódense fabricar, por exemplo, caldeiros ou sinais de tráfico. Tomando como base o polietileno tereftalato (material das botellas plásticas de auga ou de refrescos) pódense confeccionar traxes de poliéster, recheos sintético ou alfombras. O chamado plástico fino (PEBD) emprégase na fabricación de bolsas do lixo, mentres que as latas de aceiro e de aluminio acaban fundíndose para dar vida a outras novas ou para crear obxectos similares.
Podemos facernos unha idea do importante que é a recollida selectiva e a posterior reciclaxe con este exemplo: a enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas, e coa reciclaxe de 1 kg de latas de aceiro, afórrase a enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada de 60 W durante dous días.
En España plántanse moitas máis árbores das que se cortan e a superficie forestal medrou nos últimos 25 anos de 13,8 a 18,2 millóns de hectáreas. Así e todo, isto non quere dicir que a biodiversidade non se vira afectada e segue sendo moi importante a sensibilización cidadá respecto da necesidade do aforro de papel e tamén do uso de papel reciclado e da boa xestión deste tipo de residuo.
As fábricas papeleiras reciclan cada semana o equivalente a un gran estadio de fútbol cheo ata arriba de papel e cartón, un volume que permite garantir a reciclaxe final de todos os residuos de papel e cartón que se recollen e tratan a nivel estatal. España está a nivel da Unión Europea, só por tras de Alemaña en canto a reciclaxe de papel, segundo o recente informe de Aspapel, que defende o carácter de economía circular do ciclo de vida do papel. O sistema actual recolle 4,3 millóns de toneladas de papel e cartón, o 70% do consumo.
A chamada 'economía circular do papel' consiste na aplicación dun modelo de produción e consumo onde os residuos se transformen en recursos, buscando a eficiencia ao longo de todo o ciclo. No sector do papel este modelo de facer máis con menos está máis desenvolvido que noutros sectores. A madeira é convertida en produtos papeleiros que se reciclan en altas porcentaxes e mesmo os residuos do proceso se valorizan en diferentes industrias ou chegan a usarse como combustible nas propias fábricas.
En España a industria do papel emprega 6,1 millóns de metros cúbicos de cortiza. Dese total de madeira empregada, O 83% procede de plantacións locais especificamente destinadas a abastecer a industria papeleira. Esa adicación exclusiva permite que esas plantacións poidan replantarse de xeito controlado, permitindo a rexeneración continua desas masas arbóreas. Fundamentalmente son plantacións de piñeiro e eucalipto e ocupan 487.510 hectáreas (0 2,7% da superficie forestal total). De xeito estendido, os traballos de repoboación e selvicultura xeran emprego directo e indirecto no rural.
No chamado Colector Azul é onde os cidadáns deben depositar o papel e o cartón. Imos ver algúns exemplos para un depósito correcto:
Porén, é moi importante lembrar que os papeis de calco, os cartóns de leite, de zume e viño, así como o papel e cartón con restos de graxa non deben introducirse neste colector, xa que dificultan unha posterior reciclaxe.
A correcta separación do papel e do cartón é unha acción que incide directamente no noso medio ambiente. Un dato a ter en conta é que por cada tonelada de papel reciclado evitamos a tala de 24 árbores adultas, e o consumo de 24 metros cúbicos de auga e de 4.100 Kw de electricidade.
O papel que recuperamos, tanto a través da recollida industrial como da recollida selectiva municipal, véndese como materia prima ás fábricas papeleiras para ser reciclado. Hai unha clasificación internacional que define máis de 60 tipos de papel recuperado, que se utilizan en función do tipo de papel que se vai a fabricar.
Na planta, o papel usado mestúrase con auga. As fibras de papel sepáranse das grampas, plásticos... e pasan á máquina papeleira, onde as fibras de celulosa forman unha banda húmida, da que se vai extraendo a auga. Así, o noso papel usado convértese nunha bobina de papel novo.
Tamén neste caso é Ecoembes se encarga da reciclaxe dos envases de cartón e papel doméstico.
Os envases de vidro baleiros xerados nos domicilios particulares deben ser recollidos selectivamente para a súa posterior reciclaxe, segundo o obriga a Lei de Envases e Residuos de Envases.
O chamado iglú verde é coñecido tamén como colector de vidro, xa que nel se depositan os envases deste material. En Galicia hai máis de 12 mil colectores deste tipo e recóllense anualmente arredor de 40 millóns de quilos de vidro. O vidro recuperado é levado á correspondente planta de tratamento, onde é triturado, converténdose en calcín (pó de vidro). É importante subliñar que non se debe depositar canda estes envases tapas, tapóns e cortizas, así como vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión e computador, lámpadas ou espellos). Resumindo:
O que SI HAY QUE DEPOSITAR:
OLLO: sempre sen tapas, tapóns ou cortizas.
O que NON HAI QUE DEPOSITAR:
Vidro vs. Cristal
Malia que na linguaxe coloquial acostumamos a usar indistintamente as palabras vidro e cristal como sinónimos, en realidade refírense a cousas diferentes.
Tal e como indican desde a asociación Ecovidrio, a mellor guía e fixarse no propio tipo de produto:
Xa que logo, o colector verde de vidro serve para recoller unicamente os envases de vidro, e estes son: tarros (por exemplo, de alimentos como conservas, aceitunas, marmeladas, etc), frascos (de colonia, perfumes, cosméticos, etc) e botellas (de viño, cervexa, auga, licores, zume, etc).
Hai outros materiais, como poden ser a cerámica ou vasos, cristais de fiestras, etc., que ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases, deben ser depositados, ou ben no colector xenérico (caso de lámpadas, espellos, ou de louza rota por exemplo) ou nos puntos limpos dos pobos e cidades (por exemplo, os cristais de tubos fluorescentes ou cristais de fiestras).
Por qué só se poden depositar no contenedor verde de vidro botellas, tarros e frascos de vidro?
Porque...
A cerámica e porcelana necesitan máis temperatura de fusión debido á súa diferente composición química. Ao non fundirse, produce pequenas pedriñas que provocan a ruptura do envase de vidro.
Vasos e copas de cristal - Conteñen óxido de plomo, que lles outorga certas características peculiares, como o son e o brillo. É o que comunmente denominamos “cristal”. O óxido de chumbo non se pode fundir nos mesmos fornos onde se producen os envases de vidro.
Envases de medicamentos - Os tarros e botellas de medicamentos entran nun circuíto de reciclaxe distinto ao do resto dos envases de vidro (punto SIGRE).
O chamado Colector Xenérico ou Verde é onde deben ir parar os residuos orgánicos e os non reciclables:
Calquera material distinto de:
No que respecta á chamada bolsa negra, as instalacións de Sogama en Cerceda está recibindo preto de 800 mil toneladas anuais. Así mesmo, a Sociedade Galega do Medio Ambiente transforma, dunha forma limpa e respectuosa co medio ambiente, os residuos non reciclables en enerxía eléctrica. Cando estes residuos chegan ao Complexo Medioambiental de Cerceda, son descargados na Planta de Elaboración de Combustible, onde, logo de separar a parte que pode ser reciclada, que é remitida aos centros de reciclaxe, acondiciónase co resto un Combustible Derivado de Residuos (CDR), que alimenta unha Planta Termoeléctrica para xerar esa enerxía eléctrica
Por outro lado, hai que lembrar que naqueles lugares nos que sexa factible, a compostaxe doméstica pode representar unha magnífica opción para reducir a produción de residuos e contribuír á reciclaxe da materia orgánica, incorporándoa de novo ao solo en forma de fertilizante natural. Se vives no rural, avalía a posibilidade de facerte cun composteiro doméstico, no que depositarás restos orgánicos, vixiando que a humidade e temperatura do mesmo sexa a axeitada. Con isto poderás fabricar un abono de calidade para utilizar na horta e xardín da túa casa
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com