Ir arriba

Información sobre Pontedeva

Superficie: 9,9 km²
Poboación (INE 2015): 600 habitantes.

A súa rede hidrográfica está constituída polos ríos Deva e Miño, abundando a pesca truchera no Deva, no lugar de Trado Pequeno onde existe un coto, mentres que en augas do Miño pódese capturar a lamprea. A vide, forma parte das paisaxes destas terras pois é cultivada en bancales ou viñas baixas que dan ao municipio unha nada desdeñable produción de bo viño.

Os poboadores máis antigos deixaron constancia dos seus asentamentos humanos nos castros de Valiño e A Senra. Por outra banda, o visitante pode coñecer monumentos relixiosos como a capela de San Bartolomé en Xinzo de Deva, a capela da Madalena en Freans de Deva, a igrexa de San Pelagio en Trado e a igrexa de San Verísimo en Aldea de Deva Capital. Tamén hai unha edificación que serviu de cárcere en Freans e tres pontes romanas.

Río Deva: Un importante afluente do río Miño atravesa estas terras cara ao sur. É o río Deva que discorre polos municipios de Quintela de Leirado, Gomesende, Padrenda e Pontedeva. Este río nace na Serra de Penagache en Arrotea a 1.000 metros de altitude e posúe un trazado sinuoso con fortes pendentes e numerosos afluentes de escasa entidade: río Grande, Crespos, etc, desembocando entre os concellos de Pontedeva e Cortegada no río Miño.

Parroquias: Pontedeva (San Breixo), Trado (San Paio).

Torre de Vilanova dos Infantes
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Claustro do Mosteiro de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreo
Hípica O Mundil (Cartelle)
Mercado de Celanova
Mosteiro de Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.