Ir arriba

Punto limpo

Son moitos os residuos especiais que non teñen cabida nos diferentes tipos de colectores repartidos pola mancomunidade. Residuos que polo seu volumen ou toxicidade, ou pola frecuencia da súa produción, esixe dunha instalación de recollida particulares.

Punto limpo

(clic para ver localización)

O desenrolo dos sistemas de recollida selectiva en orde á recuperación e valorización dos residuos no entorno urbán e non urbán pon en manifesto a existencia de residuos aos que é necesario dar una xestión diferenciada. Son éstos produtos que, xa sen valor, deben separase do resto dos residuos para previr as consecuencias negativas que poden xerar por si mesmos ou pola contaminación secundaria dos subprodutos do reciclado ou compostaxe.

Para atender estas necesidades diseñaronse os puntos limpos. Nestas áreas de reciclaxe dispóñense de colectores específicos para cada un destes tipos de residuos.

Son parques centralizados de colectores destinados á recollida e depósito por parte dos cidadáns de todos aqueles residuos que, xerados nos fogares, son recollidos de forma selectiva e para os que é necesaria una xestión específica, polo seu tamaño, ou se consideran "tóxicos e perigosos" porque representan un risco para o medio ambiente (pilas e baterías, fluorescentes, pequenas cantidades de restos de pintura, botes de productos de limpeza, aceite mineral usado, aceite vexetal usado, e en xeneral todos aqueles cuia separación dos outros residuos é convinte e presenta ventaxas de xestión.

A Mancomunidade Terra de Celanova conta cun punto limpo de aportación voluntaria situado no Polígono Industrial de Celanova. A este recinto público, os cidadáns poden acudir libremente en horario de mañá, de luns a venres, para depositar os residuos que non teñen cabida nos colectores que se encontran ubicados nos concellos. No punto limpo pódese entregar:

  • Aceites minerais non clorados de motor, de transmisión mecánica e lubricantes (residuos de aceites de motor, de transmisión mecánica e lubricantes).
  • Baterías de chumbo (pilas e acumuladores).
  • Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio (fraccións recollidas selectivamente)
  • Equipamento fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos (fraccións recollidas selectivamente)
  • Baterías e acumuladores.
  • Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, que conteñen componentes perigosos.
  • Envases de papel e cartón.
  • Envases de plástico.
  • Envases de vidrio.
  • Papel e cartón.
  • Vidrio.
  • Roupa.
  • Aceites y graxas comestibles.
  • Equipos eléctricos e electrónicos.
  • Plásticos.
  • Mesturas de residuos municipais.
  • Residuos voluminosos.

O obxectivo principal desta instalación é:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, como papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, bombillas etc.

Ubicación: Polígono Industrial de Celanova.
Teléfono de contacto: 988 451 646
Horario (luns a vernes): 9:00h. ás 13:00h.

Punto limpo móvil

Na Mancomunidade Terra de Celanova disponse tamén dun punto limpo móvil que cada semana recorre dous concellos, facilitando así aos cidadáns a xestión dos residuos non voluminosos e o reciclaxe mediante a recollida selectiva.

VOLUMINOSOS QUE SE RECOLLEN

  • Mobles.
  • Colchóns.
  • Metálicos.
  • Ferralla, bañeras de ferro.
  • Electrodomésticos (de uso domestico).
  • TV´s (¡Importante! Deixar ó lado do contedor, teñen polvillo tóxico ó rebentar a pantalla).

NON SE RECOllEN

  • Todo tipo de escombros de la construcción (tejas, ladrillos, cemento duro, baldosas, recortes de madera, parquets, rodapiés, lavamanos, bidés, bañeras de porcelana etc.).
  • Pinturas, poliuretano, fibra de vidrio, cables mangueras, toberas, canalones, PVC.
  • Menaxes de cociña (pratos, ollas, tiestos, adornos), nada de porcelana, barro ou vidro.
  • Todo tipo de rodas de goma.
  • Coches (enteiros ou en partes), tapicerías de coches, asentos, cadros, NADA DOS COCHES.
  • Portas, ventanas, persianas.
  • Radiadores de tarifa nocturna.
  • Apeiros de labranza.
  • Louza.

ACLARACIÓNS

  • Para utilizar este servizo chamar previamente ao teléfono 988 451 127
  • Todo o que sexa: roupa, lixo, caixas de cartón, papel, barredallos, etc. Hai que metelos en sacos ou bolsas e deixalo ó lado dos contenedores verdes, calquera día. Isto será recollido coa basura normal.
  • Saquen as cousas o fin de semana previo ó luns que se recolle.
  • Se por exceso de voluminosos non son recollidos o luns na súa totalidade, pasarase o martes
  • A ninguén se lle recolleran voluminosos a domicilio, ¡Sempre ó lado dos contenedores!.
DATAS DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS
Luns da 1ª semana de cada mes Celanova / Verea
Luns da 2ª semana de cada mes Quintela de Leirado / Pontedeva
Luns da 3ª semana de cada mes Cartelle / A Merca
Luns da 4ª semana de cada mes Ramirás / Gomesende
Torre de Vilanova dos Infantes
Hípica O Mundil (Cartelle)
Terras de Celanova
Natureza (Pontedeva)
Claustro do Mosteiro de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Mercado de Celanova
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.