Ir arriba

Novas e actividades

Entrega dun DESA para Protección Civil da Mancomunidade Terra de Celanova

Entrega dun DESA para  Protección Civil da Mancomunidade Terra de Celanova

  • A Xunta reforza a capacidade dos servizos de emerxencias galegos coa entrega de máis de 150 desfibriladores
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña entregaron, o día 14 de febreiro, 157 desfibriladores a bombeiros comarcais, GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
 


Celanova, 22 de febreiro de 2018.- Alfonso Rueda e Jesús Vázquez Almuiña, entregaron na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, este novo equipamento aos representantes municipais e os efectivos dos distintos corpos de emerxencias, co fin de que os concellos galegos poidan contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia.
 
O vicepresidente da Xunta fixo fincapé na importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun eido tan importante como son as emerxencias, que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns galegos, polo que reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste eido, no que é tan importante a implicación de todas as Administracións, tanto autonómica, como locais e as provinciais

Galería de fotos

Entrega dun DESA para  Protección Civil da Mancomunidade Terra de Celanova Entrega dun DESA para  Protección Civil da Mancomunidade Terra de Celanova
Mosteiro de Celanova
Celanova
Vilanova dos Infantes
Natureza (Pontedeva)
Torre de Vilanova dos Infantes
Terras de Celanova
Mercado de Celanova
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.